martes, 15 de noviembre de 2011

Resultados fin de semana

Os resultados deste segundo fin de semana de novembro non  puideron ser mellores.

  SABADO:             
 S.E. ABELLÁ XUVENIL 3 - PAIOSACO 2

Os xuveniles defendían liderato fronte a un dos equipos da zona baixa da clasificación, aínda que parecía un partido fácil o final non resultou ser tanto.
Adiantaríase o noso equipo no marcador con goles de Juan Castro(vitre) e Alex (Speedy), pero antes de chegar o descanso esa ventaxa quedaría anulada polo equipo visitante en 2 erros defensivos do equipo local.
No descanso o adestrador local puxolle as pilas o equipo e na segunda metade saíron mais concentrados en busqueda da victoria. Esta chegaría cun gol de novo de Alex( Speedy)  que deixaría o marcador no 3 a 2 final, e que mantivo a incertidume no marcador ata o final sobre todo despois da expulsión de Juan Castro por doble amarela no minuto 70.
Unha semana mais seguiremos mandando na clasificación e este sábado desprazarémonos a Sobrado onde a partir das 17:00 horas volveremos a poñer o liderato en xogo fronte a un equipo difícil de superar.

Alineación: ANTONIO ,JAMIE ,SAMUEL ,SUARES ,MANUEL ,JUAN BOTANA ,ADRIÁN ,ANGEL ,JUAN CASTRO, MIXEL E SPEEDY
Cambios: Pablo Chedas por Samuel(min 45),UXIO por Mixel(min 45), SEMA por Adrián(min 55), Yago por Speedy(min 60) e Jacobo por Ángel(min 87)


DOMINGO:  2ª AUTONÓMICA


S.E. ABELLÁ "A" 1 - SAN TIRSO 0

Bo partido o disputado no vedral este domingo entre 2 dos equipos da zona alta da táboa; o equipo local empeza a recuperar algúns dos lesionados, e por fin había 15 xogadores con ficha do A mais Santi Mandayo do B.
O partido non empezou ben, xa que os 12 minutos Che tivo que ser sustituido o resentirse da sua lesión, entraría en sustitución Angel Souto, nova fichaxe do equipo local.
A primeira metade foi igualada e acabou con taboas no marcador.
A segunda parte comezou con outros 2 cambios, quedaron na caseta Tito(tiña que ir traballar,xa fixo o posible por vir) e Lagares e entraron Cacho e Garcí, que deron aire fresco no ataque do equipo local.
Esta segunda metade foi de dominio local, e o San Tirso limitouse a xogar a contra , as ocasións caían do bando local, primeiro cun remate de cabeza de García a centro de Marcos que o porteiro visitante salvou espectacularmente  e despois con outro remate a saída dun corner de Javier que de novo salvou o porteiro, unha chegada de garcí por banda dereita non entrou xa que o seu centro saíu defectuoso e o porteiro rechazou a corner cando estaban 3 xogadores a espera do remate. O último cambio local foi a entrada de Santi por Javier no minuto 72, que aínda daba mais enerxía en ataque, levando perigo en accións persoais.
O gol chegaría nos intres finais do encontro despois dun corner rechazado pola defensa caelle o balon a Nacho que manda un centro a área que lle cae a Garcí no segundo pau que bate de tiro cruzado o porteiro visitante. O gol foino dedicar a grada a Pablo, o noso capitán, pola perda do seu pai tres días antes.
A partir de ahí sufrimos pa manter o resultado no desconto con 3 saques de esquina moi ben executados que conseguimos salvar. En definitiva 3 puntos que veñen ben despois de unha xeira de malos resultados condicionados polas baixas e que nos coloca na 4ª posicion a un punto dos postos de ascenso.
O domingo a partires das 16:15 visitamos o Hercules de San Pedro, un equipo que no seu campo saca bos resultados é que esta a facer unha boa campaña.

ALINEACIÓN:   JUAN, MANUEL RAPOSO, MARCOS, JOSE ANTONIO , NACHO ,GARCÍA ,MANDÁS ,CHE ,JAVIER ,TITO E LAGARES.


Cambios: Souto por Che(min 12), Cacho por Tito(min 45),Garci por Lagares(min 45) e Santi por Javier (min   72).


3ª AUTONÓMICA:



S.E. ABELLÁ "B" 3 - VIZOÑO "B" 0


Partido xogado as 19:15 horas por coincidir no mesmo horario co A. e que resultou ser o mellor encontro do filial esta temporada. Partido controlado dende o primeiro minuto onde se sucedian as ocasións para o equipo local fronte a un Vizoño que so chegaba en xogadas aisladas. Asi xa na primeira metade gozamos dun remate de Nico o Pau, outro de Rama que se estrelou no longueiro e un man a man de Nico que o porteiro rechazou con moitos apuros. A pesar das ocasión claras fomos o descanso co 0 a 0 inicial.
Co comezo da segunda metade a tónica seguía a ser a mesma, dominio do S.E. e o Vizoño a espera; O primeiro gol chegou de saque de esquina, sacou rama o pico da area onde Ruben estaba solo, remata mal e o balón quedalle a Quinto dentro da área , xirandose e colocando o balon lonxe do alcance do porteiro visitante. A partir de ahí comezamos a chegar con mais claridade, entrando sobre todo polas bandas coas internadas de Rama e Ruben e con Nico e Rivera en punta; o segundo gol era cuestion de tempo e foi xa con Tomás no campo que recibiu no centro do campo unha recuperación de balon e colocou un pase en profundidade para Rivera que regateou o porteiro e entrou coa pelota na portería. O terceiro e definitivo gol chegaría no tempo engadido, nun balón recuperado por Bataneiro que lle cede a Rama e este manda un centro coa esquerda a media altura pa que Rivera o poña de novo no fondo da portería. O final 3 a 0 para o equipo local que fixo un moi bo partido e que afronta a partires de agora un duro calendario contra os equipos da zona alta colocado na 7ª posicón empatado a puntos co último equipo que xoga a promoción de ascenso.
O próximo encontro será este domingo día 20 as 16:15 en Mesía.

ALINEACIÓN: MURIEL,JAVIER LODEIROS ,MANUEL ,JORGE ,QUINTO ,VÁZQUEZ ,RAMA , PERNAS ,NICO ,RIVERA E RUBEN.


Cambios: Tomás por Nico(min 60) Roxo por Ruben(min 65), Portos por Manuel(min.75), Rubio por Javier(min 77) Bataneiro por Vazquez(min 84).

miércoles, 21 de septiembre de 2011

RESULTADOS FIN DE SEMANA

Os resultados do fin de semana do 17/18 de setembro foron os seguintes:

VETERANOS

S.E. ABELLÁ S.D.C. 1 - BARROLA VICTORIA 2012 - 3

2ª AUTONÓMICA XORNADA 4

S.E.ABELLÁ "A" 0 - UD PAIOSACO 0



Se hai alguen que se anime coa crónica de calquera dos partidos que se poña en contacto.

Un saúdo

jueves, 15 de septiembre de 2011

EMPEZA A LIGA

A partires de este fin de semana comeza a temporada xa para o equipo B (tocalle descansar na primeira xornada por retirada do Cerceda "B") e para o equipo de veteranos (este sabado as 18:30 frente o Barrol Victoria), so quedan os xuveniles que devido a ser un grupo moi reducido (12 equipos) empezan o vindeiro 15 de outubro.

Polo demais o S.E.ABELLÁ "A" disputa xa  a 4ª xornada coa visita O Vedral este Domingo as 17:00 do Paiosaco, un dos equipos punteiros da 2ª Autonómica.

lunes, 5 de septiembre de 2011

QUE BONITA É A PRETEMPORADA






Como me gustan as caras de felicidade que poñen estes rapaces cando adestran....

VOLTAMOS

Hola a tod@s, despois de un longo parentese (mais do que quixera) vou a intentar poñer de novo en funcionamento o noso blog, eso si espero que coa axuda de algun de vos. Asique se temos algun afeccionado ou seguidor do clube interesado en colaborar con este proxecto que mo comunique por correo electronico a seabellasdc@yahoo.es ou falando coa directiva do clube.
Sen mais deixovos ata a proxima entrada.
Un saudo

O presi

miércoles, 13 de enero de 2010

MISCELANEA FOTOGRAFICA

FOTOS CORRESPONDENTES O OZA B - S.E.ABELLÁ , E O PONTECARREIRA - S.E. ABELLÁ